No primeiro cuadrimestre, fora do prazo de inscrición, de existir prazas poderán seguir inscribíndose persoas ata o 15 de outubro. A inscrición farase na páxina www.deportesvedra.com. A partir do 15 de outubro non se admitirán máis inscricións no primeiro cuadrimestre. No segundo cuadrimestre non se admitirán inscricións fora de prazo.
Todas as persoas inscritas no primeiro cuadrimestre que non soliciten baixa antes do 15 de xaneiro de 2025, entenderase que estarán inscritas no segundo cuadrimestre.
As persoas que por esgotarse as prazas non entren no primeiro cuadrimestre nalgunha actividade, figurarán na lista de agarda para o segundo cuadrimestre, tendo prioridade por rigorosa orde de inscrición na mesma.
Do 16 de outubro de 2024 ao 15 de xaneiro de 2025 estará aberta a preinscrición na lista de agarda do segundo cuadrimestre na páxina web www.deportesvedra.com.
Do 16 ao 31 de xaneiro, unha vez tramitadas as baixas, concederanse as prazas no segundo cuadrimestre as persoas preinscritas por rigorosa orde de inscrición. En actividades que aínda que haxa prazas a inclusión de novos/as alumnos/as perxudique ao conxunto da clase, por retrasalos nas súas destrezas ou aprendizaxes, non se admitirán novos/as alumnos/as no 2º cuadrimestre.
Antes do remate do primeiro cuadrimestre, aquelas persoas que queiran darse de baixa das actividades para o segundo deberán facelo cubrindo na instalación o formulario de baixa, ou a través da páxina www.deportesvedra.com. Non solicitar a baixa en tempo e forma non eximirá do pago dos recibos aínda que o concello xire estes con posterioridade.
Soamente se poderá solicitar a devolución das taxas, ou anulación do recibo ata o día 15 de outubro de 2024, a partir dese momento será obrigatorio satisfacer as taxas. A solicitude de baixa farase mediante www.deportesvedra.com ou formulario de baixa na instalación.
Nunca se admitirán inscricións ou baixas de viva voz, de xeito que deben ser polas canles previamente establecidas: web www.deportesvedra.com ou formulario na oficina da instalación. Isto será ademais garantía de que a persoa usuaria teña un xustificante de haber realizado dita xestión.
A inscrición ou baixa das nenas e nenos participantes nas actividades deportivas en idade escolar, deberán ser realizadas polo/a nai, pai ou titor/a. Estes serán os responsables dos danos que puideran sufrir ou puideran causar á instalación antes do inicio e despois do remate da actividade na que estean inscritos/as. Os pais/titores dos/das alumnos/as non accederán as zonas deportivas máis que no momento de deixar e recoller os cativos (agás en casos especiais, previa autorización da dirección e/ou monitores da instalación).