Concello de Vedra

Servizo de deportes Concello de Vedra

Actividades Deportivas Municipais en Idade Escolar

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS EN IDADE ESCOLAR

ACTIVIDADE HORARIOS IDADES
XIMNASIA RÍTMICA 1 Luns e mércores de 17:00 a 18:00 Nad@s entre 2019 e 2021
XIMNASIA RÍTMICA 2 Luns e mércores de 18:00 a 19:00 Nad@s entre 2010 e 2018. Ou 2019 que pasen proba de nivel, en caso de haber prazas.
MULTIDEPORTE 1 Martes e xoves de 17:00 a 18:00 Nad@s entre 2018 e 2021
MULTIDEPORTE 2 Martes e xoves de 18:00 a 19:00 Nad@s entre 2010 e 2017
PATINAXE 1 (iniciación)
Pavillón de Lestedo
Martes e xoves de 17:00 a 17:45 Nad@s entre 2010 e 2021 que non saiban desprazarse sobre patíns
PATINAXE 2
Pavillón de Lestedo
Martes e xoves de 17:45 a 18:45 Nad@s entre 2010 e 2021 que saiban desprazarse sobre patíns
PATINAXE 3
Pavillón de Lestedo
Martes e xoves de 18:45 a 19:45 Nad@s entre 2010 e 2021 que superen a proba de nivel do grupo de nivel

Prezo

  • 40 € cuadrimestre persoas empadroadas ou matriculadas en centros escolares de Vedra.
  • 80 € cuadrimestre persoas non empadroadas ou matriculadas nun centro escolar de Vedra.

O cobro realízase mediante domiciliación bancaria unha vez iniciada a actividade.

Bonificacións

Actividades deportivas en idade escolar (menores nados despois do 2010):

  • Bonificación do 50% no segundo irmán.
  • Bonificación do 75% no terceiro ou máis irmáns.
  • Bonificación do 50% pola matrícula na segunda ou máis actividades deportivas. Esta bonificación aplicarase, no seu caso, unha vez obtida a taxa bonificada nos puntos a) e b) anteriores.

Calendario

Do 1 de outubro de 2026 ao 31 de maio de 2027, seguindo o calendario escolar, con vacacións en Nadal, Entroido e Semana Santa.

  • 1º cuadrimestre do 1 de outubro ao 31 de xaneiro.
  • 2º cuadrimestre do 1 de febreiro ao 31 de maio.

As actividades quedan suxeitas a acadar un número mínimo de 8 alumnos/as para a súa posta en funcionamento. En función diso tamén poderán ser reprogramadas.

Renovacións

Para as nenas e nenos que tiveran xa na actividade no curso 2025-2026.

Ata o 15 de setembro de 2026

  • ONLINE: con un enlace que recibirán dende o servizo de deportes.
  • PRESENCIAL: no Concello (de 10 a 14 horas) ou no pavillón de Vedra (de 19 a 23 horas).

Será requisito imprescindible estar inscrito no segundo cuadrimestre do curso 2023-2024.

Novas Inscricións

Do 17 ao 24 de setembro de 2026

  • ONLINE: na páxina www.deportesvedra.com
  • PRESENCIAL: no Concello (de 10 a 14 horas) ou no pavillón de Vedra (de 19 a 23 horas).

Necesario achegar os datos da persoa que se inscribe na actividade, e os datos da persoa titora, así coma o número de conta bancaria para o cargo das taxas das actividades.

No momento da inscrición aceptarase o prezo do curso completo, e o concello pasará ao cobro o 1º cuadrimestre a partir do 15 de outubro e o segundo cuadrimestre a partir do 1 de febreiro.

A renovación no 2º cuadrimestre é automática a non ser que se solicite expresamente antes do 15 de xaneiro de 2025. Todas as baixas solicitadas en prazo serán admitidas automaticamente. Non se admitirán baixas fóra de prazo.