Servizo de deportes concello de Vedra

Concello de Vedra
Normativa Específica do Ximnasio Municipal de Vedra

INFORMACIÓN XIMNASIO MUNICIPAL DE VEDRA

PREZO:
  • 60 € cuadrimestre empadroados
  • 120 € cuadrimestre non empadroados
CUADRIMESTRES:
  • 1º cuadrimestre: Do 1 de outubro ao 31 de xaneiro.
  • 2º cuadrimestre: Do 1 de febreiro ao 31 de maio.
  • 3º cuadrimestre: Do 1 de xuño ao 30 de setembro
HORARIO DE APERTURA:
  • Outubro a maio: de luns a venres de 16:00 a 23:30.
  • De xuño a setembro, nadal, entroido e semana santa: de 19:00 a 23:30.
FORMA DE PAGO E INSCRICIÓN:

A inscrición realizarase directamente de xeito presencial na propia instalación, onde se facilitará a tarxeta de acceso ao mesmo.

O primeiro pago farase mediante tarxeta ou bizum e para os posteriores pagos facilitarase o número de conta.

Se a alta se produce unha vez iniciado o cuadrimestre soamente se cobrará a parte proporcional mensualmente. No segundo mes do cuadrimestre 45€ empadroados e 90 € non empadroados, no terceiro mes 30/60 € e no cuarto mes 15/30 €.

CUSTODIA DA TARXETA DE ACCESO:

A tarxeta de acceso será persoal e intransferible. Non se cobrará nada pola mesma, pero en caso de extravío, roubo ou perda, a confección dunha nova tarxeta terá o custe de 1 € en efectivo.

SOLICITUDES DE BAIXA E PRAZO DE DESESTIMENTO:

As solicitudes de baixa deberán facerse cubrindo na instalación o formulario de baixa, ou a través da web deportesvedra.com, ata 15 días antes do inicio do seguinte cuadrimestre: 15 de setembro, 15 de xaneiro e 15 de maio.

Nunca se admitirán inscricións ou baixas de viva voz, de xeito que deben ser polas canles previamente establecidas garantindo que a persoa usuaria teña un xustificante de haber realizado dita xestión.

No ximnasio non existe prazo de desestimento.

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO XIMNASIO:
  • Poderán acceder ao ximnasio as persoas usuarias que estean aboadas ao mesmo.
  • Para o acceso ao ximnasio será necesario pasar a tarxeta identificativa polo lector na entrada do mesmo. A tarxeta é de uso unipersoal e non se pode prestar a terceiros.
  • Estará totalmente prohibido acceder sen tarxeta. Cando unha persoa se esqueza da mesma debe dirixirse ao persoal responsable da instalación e serán eles que lle indiquen a forma de acceso.
  • Poderase estar no ximnasio todo o tempo que este permaneza aberto.
  • Non poderán baixo ningún concepto acceder ao ximnasio persoas menores de 18 anos.
  • É obrigatorio acceder con calzado deportivo ao ximnasio, e recoméndase que este sexa diferente ao calzado co que se accede dende a rúa, e que se utilice roupa deportiva.
  • É obrigatorio usar unha toalla para limpar o suor e limpar os aparellos unha vez utilizados.
  • É obrigatorio deixar libre os aparellos durante os descansos e respectar os tempos dos mesmos.
  • Na zona de peso libre é obrigatorio colocar os discos, barras e pesas nos seus lugares unha vez utilizadas.
  • Está prohibido sacar material do ximnasio, salvo autorización do persoal da instalación.
  • Está prohibido comer no ximnasio.
  • Utilizaranse as papeleiras do ximnasio, non deixando obxectos nin desperdicios abandonados. As persoas usuarias colaborarán para manter limpa a instalación.
  • Respectaranse os horarios de funcionamento e evacuación da instalación e as indicacións do persoal empregado nese senso.